Xenxo de Arles, san
Xenxo de Arles, san
(Arles? s III) Notario. Foi martirizado por se negar a transcribir un edicto de persecución dos cristiáns en 303. Foi decapitado e, segundo a lenda, colleu a cabeza coas mans e tirouna ao Ródano, que chegou ao mar e a Cartagena. Iconograficamente representouse cunha toga e coa cabeza na man. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.