xeocronoloxía
(
Ciencia que estuda a idade das rochas e dos minerais, mediante datacións absolutas, a partir da idade doutras rochas ou de fenómenos xeolóxicos (datación relativa). Os tempos xeolóxicos comezan a contar no momento en que na terra sedimentou a masa presente, que probablemente coincida co momento no que se formou a codia terrestre, e acaba no momento actual. Hai dous tipos de unidades para medir os tempos xeolóxicos: as unidades cronoestratigráficas (baseadas na estratigrafía e no paleomagnetismo), e as unidades xeocronolóxicas ou unidades de tempos medidos en anos (baseados nos isótopos radioactivos). As principais unidades xeocronolóxicas son de maior a menor: eón, era, período, época, idade e crono, e as súas correspondentes unidades cronoestratigráficas son eontema, eratema, sistema, serie, piso e cromozona.