xeodesia
xeodesia
(< grγεωδαισία ‘división da Terra’)
s
f
[XEOG/FÍS]
Parte da xeofísica que estuda as dimensións e a forma da Terra, así como o campo gravitacional, valéndose de ferramentas como a triangulación, a nivelación, a astronomía xeodésica ou a gravimetría. A hipótese da Terra plana sobreviviu ata a revolución copernicana do s XVI. Os primeiros intentos científicos de medir as dimensións do globo terráqueo realizounas Eratóstenes (s III a C), que calculou que o meridiano terrestre tiña 40.000.000 metros, valor moi próximo ao aceptado actualmente. Ata o s XVII pensouse que a Terra era unha esfera perfecta, pero actualmente acéptase a idea de que se trata dun elipsoide de revolución cunhas dimensións que varían segundo os autores.