xeodinámica

xeodinámica

(< xeo- + dinámica)

s f [XEOL]

Parte da xeoloxía que se encarga do estudo das modificacións que experimenta a estrutura da codia terrestre. Os axentes xeolóxicos que producen estas modificacións poden ser externos á codia terrestre (xeo, augas superficiais) ou internos á terra (vulcanismo, sismoloxía).

Palabras veciñas

xeoda | xeodesia | xeodésico -ca | xeodinámica | xeoelectricidade | xeoestacionario -ria | xeófago -ga