Xeración do 98
Xeración do 98
[LIT]
Grupo ideolóxico-literario que xurdiu en España nos anos inmediatamente anteriores á perda das últimas colonias. A preocupación polo decaemento da España da Restauración, levan o grupo a un ideal de rexeneración, polo que intentan descubrir a esencia da historia e da paisaxe, especialmente de Castela, para poder potenciar a súa realidade auténtica cos progresos da cultura europea. Os seus principais representantes foron Azorín, Baroja, R. de Maeztu, Unamuno e Machado.