Xeremías

Xeremías

Profeta maior. Pertencente á tribo de Benxamín, a súa actividade profética durou ata despois da destrución de Xerusalén (586 a C). Ameazado de morte, foi obrigado a emigrar a Exipto, onde problemente morreu. Represéntase cunha cruz na man e vai acompañado dun animal fabuloso do bestiario que habitaba no profundo da terra. A súa festividade celébrase o 1 de maio.