Xertrude de Nivelles, santa

Xertrude de Nivelles, santa

Relixosa, filla de santa Ita. Sucedeu a súa nai como abadesa do mosteiro de Nivelles (Bélxica). Represéntase como abadesa, con ratos que soben polos seus vestidos ata a súa testa e co báculo abacial. A súa festividade celébrase o 17 de marzo.