Xingú

Xingú

Río do centro-leste de Brasil, afluente do Amazonas pola dereita (2.090 km). Fórmase pola unión duns cantos ríos que nacen entre serra do Roncador, ao L, e Serra Formosa, ao O (Mato Grosso). Únese ao Amazonas máis abaixo de Porto de Moz.