xirar

xirar

(

  1. v t

    Cambiar algo de posición mediante un movemento circular.

    Ex: Xirou a chave e abriu a porta.

  2. v t [ECON]
    1. Poñer en circulación ordes de pagamento.

      Ex: O banco xirou o diñeiro moi rápido.

    2. Expedir libramentos de mercancías ou transaccións de valores que implican un movemento de bens.

  3. v i

    Moverse algo ou alguén en sentido circular sobre si mesmo ou con respecto a un punto de refencia.

    Ex: A roda non xiraba porque estaba estragada.

  4. v i

    Cambiar de dirección.

    Ex: O condutor xirou á dereita.

  5. v i

    Basearse algo nun asunto ou nun tema.

    Ex: As conferencias xiraron sobre o tema da violencia de xénero.

Palabras veciñas

Xiraldo | xirándola | xirante | xirar | xiras | xirasol | xiratorio -ria
Conxugar
VERBO xirar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xiro
xiras
xira
xiramos
xirades
xiran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xiraba
xirabas
xiraba
xirabamos
xirabades
xiraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xirei
xiraches
xirou
xiramos
xirastes
xiraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xirara
xiraras
xirara
xiraramos
xirarades
xiraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xirarei
xirarás
xirará
xiraremos
xiraredes
xirarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xiraría
xirarías
xiraría
xirariamos
xirariades
xirarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xire
xires
xire
xiremos
xiredes
xiren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xirase
xirases
xirase
xirasemos
xirasedes
xirasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xirar
xirares
xirar
xirarmos
xirardes
xiraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
xira
-
-
xirade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xirar
xirares
xirar
xirarmos
xirardes
xiraren
Xerundio xirando
Participio xirado
xirada
xirados
xiradas