xirasol
xirasol
(< xirar + sol)
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea anual, de ata 6 m de altura, con talo erecto, simple ou ramificado ao longo do que se dispoñen follas alternas, ovadas ou lanceoladas. As flores, de cor amarela ou alaranxada e cun diámetro de ata 20 cm, son solitarias ou se atopan agrupadas no extremo dos talos, e se caracterizan por moverse seguindo a traxectoria do sol. Aínda que é orixinaria de América Central cultívase en todo o mundo polo seu valor alimentario, tanto das sementes como do aceite que se extrae destas.