Xoán Paulo I
Xoán Paulo I
Papa (1978). De nome Albino Luciani, ordenouse sacerdote en 1935. Doutor en Teoloxía pola Università Pontificia Gregoriana de Roma (1947), foi vicerreitor do Seminario Gregoriano de Belluno e provigairo da diocese de Belluno. En 1949 organizou o Congreso Eucarístico de Belluno e publicou Catechetica in briciole. Vigairo xeral da diocese de Belluno (1954), foi bispo da diocese de Vittorio Veneto (1958). Participou no Concilio Vaticano II e en 1969 Paulo VI nomeouno patriarca de Venecia e en 1973 cardeal. En 1976 publicou o libro Illustrissimi. Elixido papa o 26 de agosto de 1978, foi o primeiro en escoller un nome dobre. O seu pontificado durou trinta e tres días e as causas da súa morte suscitaron controversias que non foron aclaradas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Forno di Canale, actual Canale d’Agordo -
Deceso
Lugar : Cidade do Vaticano