xóanon*
xóanon*
s
m
[ARTE]
Escultura de madeira da Grecia arcaica en forma de columniña ou de viga, que só expresa plasticamente a cabeza e os brazos. Representa probablemente un primeiro estadio de antropomorfización dos primitivos ídolos en forma cilíndrica. Dos xóana antigos coñécense unicamente os encontrados en Palma di Montechiaro (Sicilia). Hai, en cambio, numerosos exemplos de estatuas que as imitan como a Artemisa de Delos, as terracotas cretenses de Latón e as estatuíñas de bronce laminado de Dreros, tamén en Creta.