Xoaquín/Xoaquina
Xoaquín/Xoaquina
[ONOM]
Antropónimo que procede do hebreo Yohaquim, composto de Yah, abreviatura de Yahweh ‘Deus’ e posiblemente qum ‘endereitar, erguer’, co significado de ‘Deus endereita, pon no bo camiño’, que chegou ao galego a través do grego Ioakim e do latín Ioachim. Presenta as variantes Xaquín e Xoquín.