Xoel
Xoel
Profeta de Israel. Anunciou aos israelitas probas terribles despois das cales viría unha época de prosperidade. Represéntase coa cabeza cuberta co gorro cónico dos xudeus e leva un léon, un enxame de lagostas e unha cornucopia. Adoita aparecer nas representacións da Pentecoste e, pola súa profecía do derradeiro xuízo, aparece cunha trompeta do xuízo. A súa festividade celébrase o 13 de xullo.