Xofre

Xofre

Publicación de banda dese­ñada editada en Santiago de Compostela o 17 de maio de 1979 por iniciativa de Xan López Domínguez, Fran Jaraba e Miguelanxo Prado. Subtitulada “Publicación do colectivo Xofre”, foi o primeiro fanzine de banda deseñada galega e contou cun só número.