xonio -nia
(< topónimo Xonia)
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos xonios.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo xonio.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo ou comunidade que incluía os gregos habitantes da Ática, de Eubea e os colonos que durante o segundo milenio a C se estableceron nas costas de Asia Menor e nalgunhas das illas do Mar Exeo, como Khíos ou Samos. A pesar do elemento unificador que supuña falar unha mesma lingua, os xonios de Asia mantivéronse sempre máis vinculados ca o resto e estiveron politicamente máis unidos: subxugados polos lidios e os persas (499 a C-494 a C), só puideron liberarse coa axuda de Atenas. En 478 a C, despois de formar parte da Liga Délica, caeron de novo en poder dos persas e permaneceron sometidos a eles ata a chegada de Alexandre o Grande (334 a C). Foron incorporados á provincia romana de Asia.
-
adx
-
adx e s
[LING/FILOS/ARQUIT]
xónico.