xordomudez

xordomudez

(

s f [PAT]

Privación do sentido do oído e da palabra, esta última debida á xordeira conxénita ou efecto dun traumatismo obstétrico ou dunha infección. O ensino dos xordomudos, realizado en escolas especializadas, baséase en técnicas que empregan a vista e o tacto, e a comprensión da linguaxe a partir dos movementos dos labios.