xordo -da

xordo -da

(

  1. adx e s

    Que ou quen sofre unha perda total ou parcial do sentido do oído.

  2. adx

    Que non presta atención aos consellos, comentarios ou exhortacións que escoita.

  3. adx
    1. Aplícase ao son apagado que non se manifesta con claridade.

    2. [LING]

      Aplícase ao fonema que se realiza sen vibracións das cordas vocais. Oponse ao fonema sonoro ou fluído. Na terminoloxía acústica, os fonemas xordos chámanse tamén tensos.

  4. adx

    Que non se manifesta claramente ou que o fai con pouca intensidade.

    Ex: Sentín unha dor xorda.

Refráns

  • Non hai peor xordo có que non quere oír.

Palabras veciñas

xordano -na | xordeira | xordén | xordo -da | Xordo, Roi | xordomudez | xordomudo -da