xordo -da
xordo -da
(
-
adx e s
Que ou quen sofre unha perda total ou parcial do sentido do oído.
-
adx
Que non presta atención aos consellos, comentarios ou exhortacións que escoita.
-
adx
-
Aplícase ao son apagado que non se manifesta con claridade.
-
[LING]
Aplícase ao fonema que se realiza sen vibracións das cordas vocais. Oponse ao fonema sonoro ou fluído. Na terminoloxía acústica, os fonemas xordos chámanse tamén tensos.
-
-
adx
Que non se manifesta claramente ou que o fai con pouca intensidade.
Ex: Sentín unha dor xorda.
Refráns
- Non hai peor xordo có que non quere oír.