xurásico -ca
xurásico -ca
(< Xurásico)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Xurásico.
-
relevo xurásico
[XEOG]
Forma de relevo constituído por unha serie de dobramentos, que se caracterizan pola alternancia de capas de materiais duros e brandos, simples e paralelos. Denomínanse mont o anticlinal do dobramento e val o sinclinal. No cumio do anticlinal a erosión orixina na capa dura unhas cristas que limitan unha depresión (combe) nos materiais brandos, que ao ser escavados producen un mont derivé. Nos flancos dos anticlinais a erosión forma un val denominado ruz. A cluse é o paso aberto por un río no anticlinal. Aínda que este relevo se estudou na rexión do Xura, os exemplos máis representativos son os de Suíza, preto de Solothurn.