xurásico -ca

xurásico -ca

(< Xurásico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao Xurásico.

  2. relevo xurásico [XEOG]

    Forma de relevo constituído por unha serie de dobramentos, que se caracterizan pola alternancia de capas de materiais duros e brandos, simples e paralelos. Denomínanse mont o anticlinal do dobramento e val o sinclinal. No cumio do anticlinal a erosión orixina na capa dura unhas cristas que limitan unha depresión (combe) nos materiais brandos, que ao ser escavados producen un mont derivé. Nos flancos dos anticlinais a erosión forma un val denominado ruz. A cluse é o paso aberto por un río no anticlinal. Aínda que este relevo se estudou na rexión do Xura, os exemplos máis representativos son os de Suíza, preto de Solothurn.

Palabras veciñas

xuramento | xurar | Xurásico | xurásico -ca | xurdimento | xurdir | xurelo