xurelo
(< ár hispánico šuril < dim do lat sauru < gr σαῦρος ‘lagarto’)
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe perciforme, de ata 50 cm de lonxitude, normalmente 40 cm, con corpo fusiforme, pouco comprimido, ollos grandes protexidos por unha pálpebra adiposa que cubra só a súa metade posterior. Amosa liña lateral sinuosa e bordeada dun escudo óseo. Ten unha coloración entre o gris ou azul verdoso con reflexos metálicos no dorso e os costados e zona ventral prateada, unha mancha negra no bordo superior do opérculo. Aliméntase doutros peixes, principalmente sardiñas ou anchoas. É unha especie peláxica que vive en fondos areentos de 40-500 m de profundidade, atópase ás veces en augas superficiais.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe perciforme, de ata 50 cm de lonxitude, normalmente 20-30 cm, con corpo longo e lanzal, fociño afiado, ollos grandes e mandíbula inferior bastante prominente. Posúe unha liña lateral sinuosa e bordeada dun escudo óseo, a primeira dorsal con raios espiñosos unidos por unha membrana interradial. Ten unha coloración que varía de gris verdosa a gris azulada con reflexos metálicos no dorso e os costados de color gris prateada, unha mancha negra no bordo superior do opérculo e o ventre abrancazado. Aliméntase de crustáceos, luras e pequenos peixes. É unha especie peláxica que vive en fondos areentos de 100-200 m de profundidade, pero que polo seu gregarismo se desprazan no verán preto da costa e no inverno baixan ata máis de 500 m.