Baade, Walter

Baade, Walter

Astrónomo. Traballou nos observatorios de Hamburgo, do monte Wilson e do monte Palomar. En 1943 resolveu a composición do núcleo da nebulosa de Andrómeda, feito que o levou a establecer dous tipos de poboacións estelares, que denominou poboación I e poboación II. Así mesmo, determinou que existen dous tipos ben definidos de Cefeidas e descubriu os asteroides Ícaro e Fidalgo. En 1952 corrixiu a constante de Hubble, que verifica a lei de Hubble-Humason.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Schröttinghausen, Westfalia

  • Deceso

    Lugar : Göttingen, Baixa Saxonia