Baader, Franz Xaver von

Baader, Franz Xaver von

Filósofo e teólogo. Foi profesor de Dogmática na Universidade de Múnic. Influído por J. Böhme e polo idealismo romántico desenvolveu unha metafísica de tendencia mística e espiritualista que se opoñía a toda autonomía do home, especialmente no sentido da autonomía moral kantiana, e que afirmaba o carácter do home como un ser fundamentalmente dependente e participante da vontade divina. A mesma tendencia revélase nos seus escritos sobre a filosofía do dereito e do estado. Foi un dos máis destacados pensadores católicos dos tempos modernos. As súas obras principais son Über religiöse Philosophie (Sobre filosofía relixiosa, 1827), Vorlesungen über spekulative Dogmatic (Leccións de dogmática especulativa, 1828-1838) e Vorlesungen über Sozietätsphilosophie (Leccións sobre filosofía da sociedade, 1832).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Múnic

  • Deceso