Baamonde, Agostiño de
Baamonde, Agostiño de
Escultor e entallador de retablos. Fixo os anxos que sosteñen e alumean o Sacramento da Catedral de Lugo e diversas imaxes como as de san Froilán, san Bertomeu e san Pedro. No ano 1750 realizou os retablos da Igrexa de San Francisco de Lugo. Xunto co entallador Benito González Rioboo traballou, en 1761, no retablo maior da Igrexa da Régoa, en Monforte de Lemos.