Babbage, Charles

Babbage, Charles

Matemático. Foi profesor en Cambridge dende 1828 e inventor de diversos aparellos científicos, entre os que cómpre salientar o tacómetro, o oftalmoscopio, varias máquinas de cálculo e a primeira máquina programable. En 1822 deseñou unha primeira calculadora mecánica que empregaba a teoría matemática das diferencias finitas. Posteriormente fixo varios deseños para perfeccionala, pero nunca logrou completar a construción desta última, algo que se fixo finalmente en 1991 como homenaxe a el, momento no que se comprobou o seu correcto funcionamento. En 1834 deseñou outra máquina, que chamou aparello analítico, pensada como un enxeño capaz de traballar de acordo coas instrucións almacenadas na súa memoria por medio dunhas tarxetas perforadas. No seu desenvolvemento introduciu conceptos que foron máis tarde empregados nos ordenadores electrónicos. En On the economy of machinery and manufactures (Sobre a economía das máquinas e das manufacturas, 1832) analizou as consecuencias sociais das innovacións técnicas. Fundou a British Association for the Advancement of Science (1831). Está considerado como o precursor de Frederick Winslow Taylor.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Teignmhouth

  • Deceso

    Lugar : Londres