Babinet, Jacques

Babinet, Jacques

Físico. Creou o polariscopio, o goniómetro de colimador para medir os índices de refracción, o compensador óptico que leva o seu nome, un hifrómetro e a válvula de tres vías para máquinas pneumáticas. En 1840 detectou o chamado punto de Babinet, un dos tres puntos da vertical que pasa polo Sol, para os que a radiación celeste difusa ten polarización nula e que permanecen entre 15° e 20° por riba do Sol. Estudiou a dobre refracción circular e as proxeccións homográficas en cartografía. En 1873 formulou o teorema coñecido como principio de Babinet.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lusignan, Poitou

  • Deceso

    Lugar : París