Babits, Mihály

Babits, Mihály

Escritor. Primeiramente cultivou unha lírica de preocupacións formais, pero a conmoción dos acontecementos históricos e o empuxe cara á vida real levárono a unha profundización no contido. O punto máximo da súa arte é o poema épico Jónás Könyve (O libro de Xonás, 1940). A súa colección poética máis importante é Az istenek halnak, az ember él (Os deuses morren, o home vive, 1929). Como novelista destacou con Halálfiai (Fillos da morte, 1927), que describe a decadencia da pequena nobreza húngara e a vida cultural do país no comezo do s XX.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Szekszárd, Tolna

  • Deceso

    Lugar : Budapest