Bacallar y Sanna, Vicente

Bacallar y Sanna, Vicente

Diplomático e historiador. Foi gobernador de Cagliari e da Gallura. Partidario activo dos dereitos de Filipe V sobre Sardeña (1708-1709), obtivo como recompensa o título de marqués de San Filipe (1709). Destacou como ministro en Xénova (1714) e contribuíu a organizar a ocupación de Sardeña (1717) e Sicilia (1718). En 1725 foi nomeado embaixador español na Haia. Como escritor cultivou a poesía en Los Tobías (1709), poema autobiográfico en oitavas, pero sobre todo é coñecido polas súas obras teórico-políticas e históricas: Palacio de Momo (1714), Monarquía hebrea (1787), Comentarios de la guerra de España desde el principio del reinado del rey Felipe V hasta la paz general del año 1725 (1725?). Tamén se lle atribúe unha Description géographique, historique et politique du royaume de Sardaigne (Descrición xeográfica, histórica e política do reino de Sardeña, 1725).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cagliari, Sardeña

  • Deceso

    Lugar : A Haia