baciláceo -a
baciláceo -a
(< lat bacillu ‘bastón,variña’ + –áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente ás baciláceas.
-
s
f
[MONERA]
Bacteria da familia das baciláceas.
-
s
f pl
[MONERA]
Familia de bacterias da orde das eubacteriais, integrada por bacilos capaces de producir endosporas cilíndricas, elipsoidais e esféricas, situadas en posición central, subterminal ou terminal. Xeralmente hidrolizan a xelatina e fermentan os azucres. Algunhas poden vivir a temperaturas superiores aos 50°C. A maioría son saprófitas e viven no solo; pero tamén as hai parasitas. Esta familia comprende dous xéneros: Bacillus e Clostridium.