baciláceo -a

baciláceo -a

(< lat bacillu ‘bastón,variña’ + –áceo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás baciláceas.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da familia das baciláceas.

  3. s f pl [MONERA]

    Familia de bacterias da orde das eubacteriais, integrada por bacilos capaces de producir endosporas cilíndricas, elipsoidais e esféricas, situadas en posición central, subterminal ou terminal. Xeralmente hidrolizan a xelatina e fermentan os azucres. Algunhas poden vivir a temperaturas superiores aos 50°C. A maioría son saprófitas e viven no solo; pero tamén as hai parasitas. Esta familia comprende dous xéneros: Bacillus e Clostridium.

Palabras veciñas

bácico | bacífero -ra | baciforme | baciláceo -a | bacilar | bacilariofícea | bacilemia