Back, George
Back, George
Navegante e explorador. Participou en diversas expedicións árticas e dirixiu a que saíu na busca de John Ross en 1833. Explorou o NO de Canadá ata o 1835 e fixo estudios sobre as auroras boreais e as variacións da agulla imantada. En 1836 descubriu o río que leva o seu nome. Publicou dous libros sobre as súas exploracións: Narrative of the Artic Land expedition to the mouth of the Great Fish-River 1833-1835 (Narración da expedición das Terras Árticas á boca do Gran Río dos Peixes 1833-1835, 1836) e Narrative of an expedition with H. M. ship “Terror” 1836-1837 (Descrición dunha expedición coa nave H. M. “Terror” 1836-1837, 1838).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Stockport -
Deceso
Lugar : Londres