Baco
Baco
(
[MIT/RELIX]
Nome co que tamén era coñecido o deus grego Dióniso e que foi adoptado polos romanos, que o identificaron coa antiga divindade itálica Liber Pater. Era o deus do delirio místico e o viño. As súas festas, as bacanais, celebrábanse con tumultuosas procesións e orxías. Malia as prohibicións, os cultos a Baco perduraron cando menos ata o s II d C. O tema de Baco foi tratado na escultura clásica (Baco e Ampelos, Baco e Laucote) e na escultura e pintura renacentista (Leonardo, Michelangelo, Tiziano, Velázquez, etc).