Bacoi, Santa María de

Bacoi, Santa María de

Antigo mosteiro familiar fundado na primeira metade do s X e situado no concello de Alfoz. Sábese da súa existencia e vicisitudes a través dalgunha documentación relativa ao mesmo conservada no tombo de Lourenzá, códice do s XIII procedente do mosteiro de San Salvador de Lourenzá e hoxe en día conservado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid.

Palabras veciñas

Backus Normal Form | Baco | Bacoi | Bacoi, Santa María de | Bacolod | Bacon, clasificación | Bacon, Francis