bacoreta
bacoreta
Nome científico:
[Euthynnus alletteratus, Fam dos escómbridos]
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo alongado, que pode acadar 1 m de lonxitude, moi semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas (a primeira falciforme). O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras. Distribúese por todo o Atlántico tropical ata o litoral da Península Ibérica. É de carácter peláxico e moi difícil de observar na costa.