Bādarāyana
Bādarāyana
Pensador hindú, considerado o fundador da escola filosófica Vedānta; non se sabe con certeza cándo viviu, probablemente entre os ss VI a C e III d C. É autor do Brahmasūtra ou Vedānta-sūtra, obra fundamental desta escola de pensamento.