badanas

badanas

(<ár batana < batu ‘ventre’)

  1. s

    Individuo que non coida o seu aseo persoal ou o seu xeito de vestir.

    Ex: Esta roupa parece feita para un badanas.

    Sinónimos: baldreo, bandallo.
  2. s

    Persoa que non ten criterio propio ou que acusa falta de personalidade ou carácter.

    Ex: Sempre repites o que din os outros, falas como un badanas.

  3. s

    Persoa que non ten vontade nin disposición para traballar.

    Ex: Deixa de facer o badanas e érguete que temos cousas que facer.

Palabras veciñas

Badalona | badalonés -sa | badana | badanas | Bādarāyana | badariense | Badariense