Baden

Baden

Cidade do land da Baixa Austria, situada á beira do río Schwechat ao S de Viena (23.488 h [1991]). Ten unha coñecida estación balnearia (fontes de augas sulfurosas). O centro termal foi xa chamado polos romanos Aquae Pannonicae. Escollida como residencia de verán do Emperador do Sacro Imperio, Baden gozou dunha extraordinaria sona como estación balnearia desde finais do s XVIII, fama que aumentou coa construción do ferrocarril (1841). Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polo exército soviético e convertida no seu cuartel principal.