Baden-Baden

Baden-Baden

Cidade do land de Baden-Wüttemberg, Alemaña, no val de Oos, ao pé da Selva Negra (51.500 h [1990]). Posúe unha estación balnearia frecuentada xa polos romanos, quen construíron alí as súas termas. No s II era chamada Aurelia Aquensis. Posesión dos Zährigen desde 1052, Baden-Baden converteuse na residencia dos margraves de Baden ata 1689, ano no que os franceses destruíron a cidade. Ao longo do s XIX tivo un gran desenvolvemento, non só polo seu casino, senón tamén polo feito de converterse nun dos centros de veraneo dos monarcas europeos. En 1945 tranformouse en centro de goberno da zona de ocupación francesa.