Badham, John

Badham, John

Realizador cinematográfico norteamericano. Triunfou co seu segundo filme, Saturday night fever (Febre do sábado noite, 1977), protagonizado por John Travolta e coa súa adaptación de Drácula (1979), este último, un filme de terror moi orixinal e renovador do xénero. Outras películas súas son The bingo long travelling all-stars and the motor kings (As gandes estrelas do longo camiño do bingo e os reis do motor, 1976), Blue thunder (O trebón azul, 1983), War games (Xogos de guerra, 1983) e Nick of time (Última hora, 1995).

Cronología

  • Nacemento