Badiou, Alain

Badiou, Alain

Filósofo, profesor da Universidade de París VIII dende 1969. É un dos principais representantes da filosofía actual. Entre as súas obras cómpre salientar: Théorie de la contradition (Teoría da contradición, 1976), Théorie du suject (Teoría do suxeito, 1982), Manifeste pour la philosophie (Manifesto pola filosofía, 1989), Conditions (Condicións, 1992), L’éthique: éssai sur la conscience du Mal (A ética: ensaio sobre a conciencia do Mal, 1993) e L’être et l’événement (O ser e o acontecemento, 1988), no que establece as bases para unha moral e unha ética materialistas. En D’un désastre obscur: droit, état, polithique (‘Dun desastre escuro e outros textos’, 1991) maniféstase a prol da vixencia do comunismo e expón as súas teses sobre o colapso da URSS. Así mesmo, é autor de numerosos textos sobre o mundo contemporáneo, o nacionalismo ou o teatro: Monde contemporaine et désir de philosophie (‘Mundo contemporáneo e desexo de filosofía’, 1992), Sur la question nationale (‘Arredor da cuestión nacional’, 1992), Rhapsodie pour le théâtre: court traité philosophique (‘Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico’, 1988).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rabat