Badlands
Badlands
Nome científico:
[Malas Terras]
Filme producido en EE UU no ano 1974 e dirixido por Terence Malik. Foi interpretado por Martin Sheen, Sissy Spacek, Warren Oates e Ramón Bieri, entre outros actores. Foi premiado coa Concha de Oro no Festival de cine de San Sebastián á mellor película e á mellor interpretación masculina en 1974. Kit, un dos protagonistas principais, leva unha vida problemática ata que coñece a Holly e con ela tenta refacer a súa vida. O asasinato do pai da moza, que se opuña á relación, obrígaos a emprender unha fuxida destinada ao fracaso.