bádminton

bádminton

(

s m [DEP]

Deporte orixinario da India, onde se practicaba xa no s XVII co nome de poona. En 1873, o duque de Beaufort, que o practicaba na súa residencia de Badminton, deulle a regulamentación definitiva. Os partidos poden disputarse entre dous contrincantes ou dúas parellas, en pistas divididas en dúas partes por unha rede de 1,55 m de altura. Os xogadores utilizan unha raqueta semellante á do tenis, cun mango máis longo e máis fino; en lugar da pelota golpéase un cacho de corcho ou goma de forma semiesférica, coa sección plana rodeada de plumas (voadora ou shuttlecock). Nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 o bádminton entrou no programa oficial. Os países do subcontinente indio (India, Paquistán, Bangladesh) manteñen a hexemonía mundial, malia que os primeiros campións olímpicos foron holandeses.

Palabras veciñas

Badlands | badlands* | Badley, John Haden | bádminton | bado | badoco -ca | Badoglio, Pietro