Badoglio, Pietro
Badoglio, Pietro
Militar e político italiano. Duque de Addis Abeba. Xeneral na Primeira Guerra Mundial distinguiuse na conquista de Sabotino. Xefe do Estado Maior (1919-1921) e gobernador de Libia (1928-1933), dirixiu o corpo expedicionario de Abisinia (1935) e foi vicerrei de Etiopía. En 1940 foi nomeado comandante en xefe dos exércitos italianos, cargo do que demitiu en 1941 por ser contrario á guerra contra Grecia. Trala detención de Mussolini foi nomeado xefe do goberno e encargado de asinar en 1943 a capitulación de Italia. Ao ano seguinte abandonou a vida pública. Publicou as súas memorias Badoglio racconta (Badoglio conta, 1955).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Grazzano Monferrato -
Deceso