Baer, Karl Ernst von
Baer, Karl Ernst von
Biólogo e xeógrafo. Estudiou Medicina en Tartu, en Viena e en Würzburg. A partir do 1819 foi profesor na Universidade de Königsberg e, a partir do 1834, ensinou Zooloxía e Anatomía Comparada en San Petersburgo. Descubriu o óvulo dos mamíferos (1827) e o notocordio dos embrións dos vertebrados. Entre o 1828 e o 1837 publicou a súa obra máis importante, Über Entwicklungsgeschichte der Tiere (Historia do desenvolvemento dos animais), coa que, xunto con Untersuchungen über die Entwickelung der Fische (Investigacións sobre o desenvolvemento dos peixes, 1835), estableceu as bases da Embrioloxía. Formulou o chamado principio de Baer.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Piep, Estonia -
Deceso
Lugar : Dorpat, actual Tartu, Estonia