Báez, Buenaventura
Báez, Buenaventura
Político. Foi Presidente da República Dominicana durante diversos períodos dende 1849. Os dous primeiros mandatos exerceunos entre 1849-1853 e 1856-1858. Volveu á Presidencia entre 1865-1866, despois da recuperación da independencia do país (perdida entre 1861 e 1865), período no que reinstaurou a Constitución de 1854, que outorgaba amplos poderes ao Presidente. Deposto por José María Cabral, retornou á Presidencia de 1868 ata 1873. Durante este período, os chamados “seis anos de Báez” negociou un tratado de anexión aos EE UU que foi rexeitado polo senado norteamericano. Morreu exiliado en Porto Rico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Azua, República Dominicana -
Deceso
Lugar : Porto Rico