bagaceiro -ra

bagaceiro -ra

(< bagazo)

  1. s f [ETN]

    Lugar escollido para estender e secar o bagazo.

    Sinónimos: bagañeira.
  2. s f [ETN]

    Recipiente de pedra ou de cemento no que se garda o bagazo nas adegas ata o momento no que se emprega para a elaboración da augardente.

  3. s m [ETN]

    Persoa encargada de sacar o bagazo do lagar e carrexalo dun lugar a outro.

Palabras veciñas

1 baga | 2 baga | Bagà | bagaceiro -ra | bagaceratopo | Bagaceratops | bagaña