Bagaceratops

Bagaceratops
[PALEONT]

Xénero de dinosauros da familia dos protoceratópsidos, propios de finais do Cretáceo, de ata 1 m de lonxitude, co corpo groso, cola longa e patas sólidas, con cinco dedos nas anteriores e catro nas posteriores. Na parte posterior do cranio presenta un rebordo óseo e un corno pequeno no medio do fociño. Non ten dentes na parte superior do bico. Os xacementos máis importantes deste xénero atópanse en Mongolia.

Palabras veciñas

Bagà | bagaceiro -ra | bagaceratopo | Bagaceratops | bagaña | bagañeira | bagaño