bagaxe
(
-
s
f
Todas as cousas que acompañan a alguén cando viaxa.
Ex: Non esquezas meter a bagaxe no coche.
Sinónimos: equipaxe. -
s
f
Conxunto de coñecementos, vivencias e experiencias que adquiriu unha persoa por distintos medios.
Ex: Ten unha gran bagaxe artística.
-
s
f
[BÉL]
Equipaxe dun exército nunha marcha ou desprazamento.
Ex: A bagaxe militar adoita ser de cor verde.
Sinónimos: impedimenta. -
s
f
[HIST/DER]
Carga persoal que grava tan só a aqueles cidadáns posuidores de medios de transporte. Xa en Roma, os paisanos eran obrigados á prestación de vehículos de transporte ou de cabalerías cando o exército se trasladaba ou emprendía unha expedición militar. Teodosio o Grande e Valentiniano II xeneralizaron esta prestación, sen excluír nin os eclesiásticos nin os membros da familia imperial. Outra constitución do mesmo Teodosio, con Arcadio e Honorio, fixo extensivo o dereito de bagaxe ou angaria ao transporte das annonas polos exércitos. Durante a Idade Media persistiu a prestación da bagaxe, aínda que escapou do dominio do dereito público. Comezouse a regulamentar a finais da Idade Media.