bagatela

bagatela

(< it bagattella ‘moeda depouco valor’)

  1. s f

    Cousa de pouca importancia, pouco valor ou pouca utilidade.

    Ex: Déixate de bagatelas e cóntame o que querías dicirme.

    Confrontacións: insignificancia, miudeza.
  2. s f [MÚS]

    Pequena composición, xeralmente para piano, sen rigor de forma. As bagatelas máis coñecidas son as de Beethoven. Unha forma de bagatela son as Noveletten, inaugurada polos románticos (Schumann), e conservada polos modernos (Bartók, Poulenc).

  3. s f [XOGO]

    Divertimento de salón que se executa sobre unha táboa como a do billar, cun dos costados en forma semicircular, na que hai oito furados numerados e un no centro. Cada un dos xogadores participantes dispón dun taco curto e de catro bólas (brancas ou vermellas), que debe introducir nos furados.

Palabras veciñas

bagañeira | bagaño | Bagassa | bagatela | bagattino* | bagaudas | bagaxe